
O proxecto inclúe o fortalecemento operativo de xestión do Consejo Nacional de Integración de las Personas con Discapacidad (CONADIS), organismo estatal responsable da execución das políticas peruanas sobre integración das persoas con discapacidade; o apoio á creación de oficinas municipais de atención ás persoas discapacitadas; a mellora do Centro de Formación Profesional de Las Lomas-Piura, a construción dunha sala de capacitación para xerar espazos de participación para persoas con discapacidade, con ramplas de acceso ás instalacións, novos servizos hixiénicos e de material docente como ordenadores mesas, cadeiras e encerado.