lunes, 27 de noviembre de 2023

Construción e posta en funcionamento do Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica CEFOIT como entidade de educación técnico produtiva de referencia na rexión do Val de San Lorenzo en innovación tecnolóxica agropecuaria e forestal sostible.

 

O obxecto do presente proxecto é o de apoiar a construción e posta en funcionamento do Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica CEFOIT , que ten como finalidade o desenvolvemento das capacidades técnicas de produtoras e produtores, xoves e adultos do Val de San Lorenzo para a xestión sostible dos bosques secos, emprendementos pecuarios e mellora dos sistemas de produción agrícola mediante o desenvolvemento de investimentos relacionados coa construción e dotación do centro. O fin último do proxecto pasa por contribuír a un desenvolvemento rural inclusivo, solidario e sostible que mellore as condicións de vida das comunidades do Val de San Lorenzo, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres, mediante o fortalecemento das comunidades de bosque e as organizacións locais de desenvolvemento e o fomento de emprendementos de alto valor agregado a través da construción e posta en marcha dun centro de referencia na rexión para a capacitación das comunidades en innovación tecnolóxica produtiva agropecuaria e forestal . A través da execución do presente proxecto preténdese fortalecer a un total de 14 comunidades de bosque situadas non val de San Lorenzo, composto polos distritos de Tambogrande e As Lomas para facer fronte á crise socioeconómica que atravesa tanto a rexión como o país e que se viu agravada pola pandemia xerada polo virus SARS CoV-2 no mundo.

O CEFOIT, e concibido como un Centro de capacitación gratuíto para a formación de produtores e produtoras con certificación técnica que permita o melloramento das actividades agrícolas, gandeiras e de transformación forestal. O Val de San Lorenzo require de capacidades técnicas porque e un dos maiores produtores de mango, limón, palta, cacao, banano e hortalizas; tamén, e un val con crianza de porcinos, vacúns, caprinos, ovinos, cuies e aves a nivel rexional. Para o seu sostemento o CEFOIT complementa as súas actividades formativas gratuítas con servicios a terceiros. CEFOIT instalarase no val de San Lorenzo como ofertante de servizos de capacitación e asesoría técnica con innovación tecnolóxica para empresas e cooperativas agrarias e xestionará convenios con entidades da administración pública. CEFOIT pretende ser un actor principal no desenvolvemento local, xestionando e xerando recursos para a súa sostibilidade que lle permita atender as demandas formativas de produtoras e produtores vulnerables. Os investimentos enfocados á consecución do resultado 1 do proxecto están dirixidas á construción do Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica en adiante CEFOIT, incluíndo a adquisición de materiais e subcontratacións para a construción do Centro. No marco do segundo resultado estaría a dotación equipamento básico do centro para o desenvolvemento das accións posteriores de capacitación e xestión do centro, que inclúe mesas, cadeiras, pizarra, impresora, televisor, sofá e placa do Centro, na que reflectirase a financiación da Deputación da Coruña, conforme os requisitos establecidos nas bases das axudas.

  • Directa: 845 habitantes das 9 Asociacións de Mulleres e das 11 organizacións de produtores das 14 comunidades
  • Indirecta: 82.298 habitantes entre 18 e 59 anos (50% mulleres) en idade de traballar habitantes das comunidades próximas Aprox

Programa de apoio á innovación tecnolóxica agropecuaria e forestal, mediante a posta en funcionamento dun centro de formación de referencia na rexión para o desenvolvemento socioeconómico das comunidades do val de San Lorenzo, na rexión de Piura – Perú, con especial incidencia nas asociacións de mulleres

 

O obxecto do presente proxecto é o de contribuír a un desenvolvemento rural inclusivo, solidario e sostible que mellore as condicións de vida das comunidades do Val de San Lorenzo, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres., mediante o fortalecemento das comunidades de bosque e as organizacións locais de desenvolvemento e o fomento de emprendementos de alto valor agregado a través da posta en marcha dun centro de referencia na rexión para a capacitación das comunidades en innovación tecnolóxica produtiva agropecuaria e forestal.

A través da execución do presente proxecto preténdese fortalecer a un total de 14 comunidades de bosque situadas non val de San Lorenzo, composto polos distritos de Tambogrande e As Lomas para facer fronte á crise socioeconómica que atravesa tanto a rexión como o país e que se viu agravada pola pandemia xerada polo virus SARS CoV-2 no mundo.

No marco do presente proxecto, a Fundación Galicia Innova e os seus socios pretenden desenvolver as actividades necesarias para a posta en funcionamento do centro e a súa formalización como CETPRO (Centro de Educación Técnica Produtiva) como figura legal para este tipo de centros de educación. As accións enfocadas á consecución do resultado 1 do proxecto están dirixidas á posta en funcionamento dos módulos produtivos do Centro (viveiros e biohuerto con rego tecnificado) e pasan pola adquisición, montaxe e sembra destos módulos necesarios para as accións de capacitación práctica dos produtores. A posta en marcha do centro formará parte das accións englobadas no resultado 2 do proxecto, mediante as cales se definirá o Plan de capacitación e formación de promotores agopecuarios de San Lorenzo e procederase á elaboración e presentación do expediente técnico para a formalización do CEFOIT, incluíndo o regulamento de funcionamento do Centro.

  • Directa: 845 habitantes das 9 Asociacións de Mulleres e das 11 organizacións de produtores das 14 comunidades
  • Indirecta: 82.298 habitantes entre 18 e 59 anos (50% mulleres) en idade de traballar habitantes das comunidades próximas Aprox

Programa de innovación tecnológica agropecuaria y forestal para el desarrollo socioeconómico de 9 Comunidades de bosque del valle de San Lorenzo, en la región de Piura – Perú, gestionado por las Asociaciones de Mujeres. PROGRAMA INNOVA-T SAN LORENZO.

 


Durante los años 2023 y 2024, la Fundación Galicia Innova, con el apoyo de Asociación Chira y Solivida y con la financiación de la Cooperación Gallega está desarrollando el proyecto: Innova-T San Lorenzo.

El objeto del presente proyecto es el de fortalecer a 9 comunidades de bosque del Valle de San Lorenzo, con el fin de impulsar procesos de desarrollo socioeconómico, con especial atención a la situación de vulnerabilidad de las mujeres, que garanticen el ejercicio de la ciudadanía, la gestión ambiental sostenible de los bosques y el fomento de emprendimientos de innovación tecnológica agropecuarios y forestales de alto valor agregado, mediante 1) el fortalecimiento y empoderamiento de las organizaciones de la sociedad civil (asociaciones de mujeres rurales de cada una de las comunidades y organizaciones no gubernamentales: Solivida) en relación a su rol ciudadano, democrático y ambiental, para que formen parte de los escenarios de participación e intervención ciudadana y de este modo contribuyan a disminuir la discriminación y desigualdad así como, en el ejercicio de los Derechos Humanos, a solventar la crisis social, política y ambiental que sufre actualmente el Perú y más concretamente la región; 2) el fomento de la innovación productiva agropecuaria y forestal, mediante la conformación de grupos de promotores técnicos comunales cualificados que exporten el cambio a la región y 3) la mitigación del impacto socioeconómico en las poblaciones más vulnerables (mujeres de las asociaciones) de las comunidades, desarrollando y fortaleciendo iniciativas tecnológicas innovadoras tanto a nivel agropecuario como forestal que permitan, por una parte atender la seguridad alimentaria y la reactivación de la economía familiar y por otra asegurar el uso sostenible y ambientalmente viable del bosque mediante acciones de reforestación. Así el proyecto redundará en la ampliación de las capacidades y las libertades de las poblaciones beneficiarias, no siendo discriminatorio por razón de raza, cultura, religión, origen u orientación sexual, fomentando la igualdad entre hombres y mujeres y siendo respetuosos con el medio ambiente. Del mismo modo, el proyecto tendrá una repercusión práctica y cuantificable en la satisfacción de las necesidades básicas y de los intereses estratégicos de la población beneficiaria de esta zona, una de las más desfavorecidas del país, atendiendo de manera prioritaria a las diferencias derivadas de las brechas de género, siempre respetando los objetivos de desarrollo del Perú, de la región y de las comunidades beneficiarias.

Población beneficiaria:

  • Directa: 1.103 personas aproximadamente
  • Indirecta: Un total de 3.731 personas de las 9 comunidades Aprox

viernes, 24 de noviembre de 2023

Ferramenta para o autodiagnóstico empresarial en corresponsabilidade e difusión no marco do termo municipal de A Coruña coa financiación do Concello da Coruña

 


A corresponsabilidade defínese como a distribución equilibrada, equitativa e funcional da planificación, a organización e a realización das tarefas domésticas, do coidado de menores e de persoas dependentes, dos espazos de educación e do traballo remunerado.

No ámbito empresarial ou organizacional o concepto persegue que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades, dereitos e obrigacións, tanto no traballo como na casa (tarefas domésticas e coidado dos nenos, enfermos e anciáns a cargo). Deste xeito, a corresponsabilidade resulta unha aposta firme á conciliación laboral. Cada empresa, de acordo con o seu perfil, cantidade de empregados e obxectivos económicos, conta con diversas estratexias tendentes a que os seus empregados poidan harmonizar o crecemento profesional coa súa vida persoal. É o que se coñece como work life balance. Algúns exemplos son: xornadas laborais de horarios flexibles, traballos por obxectivos que non requiren dun cúmulo de horas senón de resultados, baixas por maternidade/paternidade estendidas, posibilidade de facer teletraballo (sen que iso estanque a promoción do empregado) e unha maior promoción das mulleres a postos de decisión. 

Desde a Fundación Galicia Innova considérase imprescindible comprometer ao sector empresarial como factor de cambio que garanta a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Para iso, o primeiro paso debe pasar por dispoñer dunha análise da situación de partida das empresas situadas no marco do termo municipal da Coruña en relación á súa situación de corresponsabilidade. O coñecemento da realidade concreta de cada concello no seu contexto territorial orienta a planificación municipal para incidir na mellora da corresponsabilidade en toda a cidade da Coruña.

O obxecto do presente proxecto e o de elaborar unha ferramenta de autodiagnóstico en corresponsabilidade que permita ás empresas coruñesas e ao propio Concello da Coruña dispoñer de información en relación ao estado de corresponsabilidade empresarial do Concello, como punto de partida para levar a cabo a toma de decisións. Para isto estase a deseñar e desenvolver unha ferramenta, que de maneira clara e concisa e por medio dunha serie de cuestións pechadas, permitirá ás empresas obter unha “puntuación” ou rango para valorar a súa situación respecto a corresponsabilidade e accións que poden levar a cabo para mellorar nesta materia. Esta ferramenta será difundida no marco do proxecto en un acto online de difusión e sensibilización ante as principais organizacións englobadas no termo municipal, valendo a mesma para obter un diagnóstico de situación actual e ao Concello da Coruña, coa recompilación da información de todas as empresas que o cubran, e así dispoñer dunha análise empresarial de corresponsabilidade a nivel municipal.