O obxecto do
presente proxecto é o de contribuír a un desenvolvemento rural inclusivo,
solidario e sostible que mellore as condicións de vida das comunidades do Val
de San Lorenzo, con especial atención á situación de vulnerabilidade das
mulleres., mediante o fortalecemento das comunidades de bosque e as
organizacións locais de desenvolvemento e o fomento de emprendementos de alto
valor agregado a través da posta en marcha dun centro de referencia na
rexión para a capacitación das comunidades en innovación tecnolóxica produtiva
agropecuaria e forestal.
A través da
execución do presente proxecto preténdese fortalecer a un total de 14
comunidades de bosque situadas non val de San Lorenzo, composto polos distritos
de Tambogrande e As Lomas para facer fronte á crise socioeconómica que atravesa
tanto a rexión como o país e que se viu agravada pola pandemia xerada polo
virus SARS CoV-2 no mundo.
No marco do
presente proxecto, a Fundación Galicia Innova e os seus socios pretenden
desenvolver as actividades necesarias para a posta en funcionamento do centro e
a súa formalización como CETPRO (Centro de Educación Técnica Produtiva) como
figura legal para este tipo de centros de educación. As accións enfocadas á
consecución do resultado 1 do proxecto están dirixidas á posta en funcionamento
dos módulos produtivos do Centro (viveiros e biohuerto con rego tecnificado) e
pasan pola adquisición, montaxe e sembra destos módulos necesarios para as
accións de capacitación práctica dos produtores. A posta en marcha do centro
formará parte das accións englobadas no resultado 2 do proxecto, mediante as
cales se definirá o Plan de capacitación e formación de promotores agopecuarios
de San Lorenzo e procederase á elaboración e presentación do expediente técnico
para a formalización do CEFOIT, incluíndo o regulamento de funcionamento do
Centro.
- Directa: 845 habitantes
das 9 Asociacións de Mulleres e das 11 organizacións de produtores das 14
comunidades
- Indirecta: 82.298
habitantes entre 18 e 59 anos (50% mulleres) en idade de traballar
habitantes das comunidades próximas Aprox
No hay comentarios:
Publicar un comentario