lunes, 27 de noviembre de 2023

Construción e posta en funcionamento do Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica CEFOIT como entidade de educación técnico produtiva de referencia na rexión do Val de San Lorenzo en innovación tecnolóxica agropecuaria e forestal sostible.

 

O obxecto do presente proxecto é o de apoiar a construción e posta en funcionamento do Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica CEFOIT , que ten como finalidade o desenvolvemento das capacidades técnicas de produtoras e produtores, xoves e adultos do Val de San Lorenzo para a xestión sostible dos bosques secos, emprendementos pecuarios e mellora dos sistemas de produción agrícola mediante o desenvolvemento de investimentos relacionados coa construción e dotación do centro. O fin último do proxecto pasa por contribuír a un desenvolvemento rural inclusivo, solidario e sostible que mellore as condicións de vida das comunidades do Val de San Lorenzo, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres, mediante o fortalecemento das comunidades de bosque e as organizacións locais de desenvolvemento e o fomento de emprendementos de alto valor agregado a través da construción e posta en marcha dun centro de referencia na rexión para a capacitación das comunidades en innovación tecnolóxica produtiva agropecuaria e forestal . A través da execución do presente proxecto preténdese fortalecer a un total de 14 comunidades de bosque situadas non val de San Lorenzo, composto polos distritos de Tambogrande e As Lomas para facer fronte á crise socioeconómica que atravesa tanto a rexión como o país e que se viu agravada pola pandemia xerada polo virus SARS CoV-2 no mundo.

O CEFOIT, e concibido como un Centro de capacitación gratuíto para a formación de produtores e produtoras con certificación técnica que permita o melloramento das actividades agrícolas, gandeiras e de transformación forestal. O Val de San Lorenzo require de capacidades técnicas porque e un dos maiores produtores de mango, limón, palta, cacao, banano e hortalizas; tamén, e un val con crianza de porcinos, vacúns, caprinos, ovinos, cuies e aves a nivel rexional. Para o seu sostemento o CEFOIT complementa as súas actividades formativas gratuítas con servicios a terceiros. CEFOIT instalarase no val de San Lorenzo como ofertante de servizos de capacitación e asesoría técnica con innovación tecnolóxica para empresas e cooperativas agrarias e xestionará convenios con entidades da administración pública. CEFOIT pretende ser un actor principal no desenvolvemento local, xestionando e xerando recursos para a súa sostibilidade que lle permita atender as demandas formativas de produtoras e produtores vulnerables. Os investimentos enfocados á consecución do resultado 1 do proxecto están dirixidas á construción do Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica en adiante CEFOIT, incluíndo a adquisición de materiais e subcontratacións para a construción do Centro. No marco do segundo resultado estaría a dotación equipamento básico do centro para o desenvolvemento das accións posteriores de capacitación e xestión do centro, que inclúe mesas, cadeiras, pizarra, impresora, televisor, sofá e placa do Centro, na que reflectirase a financiación da Deputación da Coruña, conforme os requisitos establecidos nas bases das axudas.

  • Directa: 845 habitantes das 9 Asociacións de Mulleres e das 11 organizacións de produtores das 14 comunidades
  • Indirecta: 82.298 habitantes entre 18 e 59 anos (50% mulleres) en idade de traballar habitantes das comunidades próximas Aprox

No hay comentarios:

Publicar un comentario