viernes, 24 de noviembre de 2023

Ferramenta para o autodiagnóstico empresarial en corresponsabilidade e difusión no marco do termo municipal de A Coruña coa financiación do Concello da Coruña

 


A corresponsabilidade defínese como a distribución equilibrada, equitativa e funcional da planificación, a organización e a realización das tarefas domésticas, do coidado de menores e de persoas dependentes, dos espazos de educación e do traballo remunerado.

No ámbito empresarial ou organizacional o concepto persegue que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades, dereitos e obrigacións, tanto no traballo como na casa (tarefas domésticas e coidado dos nenos, enfermos e anciáns a cargo). Deste xeito, a corresponsabilidade resulta unha aposta firme á conciliación laboral. Cada empresa, de acordo con o seu perfil, cantidade de empregados e obxectivos económicos, conta con diversas estratexias tendentes a que os seus empregados poidan harmonizar o crecemento profesional coa súa vida persoal. É o que se coñece como work life balance. Algúns exemplos son: xornadas laborais de horarios flexibles, traballos por obxectivos que non requiren dun cúmulo de horas senón de resultados, baixas por maternidade/paternidade estendidas, posibilidade de facer teletraballo (sen que iso estanque a promoción do empregado) e unha maior promoción das mulleres a postos de decisión. 

Desde a Fundación Galicia Innova considérase imprescindible comprometer ao sector empresarial como factor de cambio que garanta a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Para iso, o primeiro paso debe pasar por dispoñer dunha análise da situación de partida das empresas situadas no marco do termo municipal da Coruña en relación á súa situación de corresponsabilidade. O coñecemento da realidade concreta de cada concello no seu contexto territorial orienta a planificación municipal para incidir na mellora da corresponsabilidade en toda a cidade da Coruña.

O obxecto do presente proxecto e o de elaborar unha ferramenta de autodiagnóstico en corresponsabilidade que permita ás empresas coruñesas e ao propio Concello da Coruña dispoñer de información en relación ao estado de corresponsabilidade empresarial do Concello, como punto de partida para levar a cabo a toma de decisións. Para isto estase a deseñar e desenvolver unha ferramenta, que de maneira clara e concisa e por medio dunha serie de cuestións pechadas, permitirá ás empresas obter unha “puntuación” ou rango para valorar a súa situación respecto a corresponsabilidade e accións que poden levar a cabo para mellorar nesta materia. Esta ferramenta será difundida no marco do proxecto en un acto online de difusión e sensibilización ante as principais organizacións englobadas no termo municipal, valendo a mesma para obter un diagnóstico de situación actual e ao Concello da Coruña, coa recompilación da información de todas as empresas que o cubran, e así dispoñer dunha análise empresarial de corresponsabilidade a nivel municipal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario