martes, 11 de marzo de 2025

Programa de formación técnica agropecuaria sostible con enfoque de dereitos humanos e igualdade de xénero (Forma-T San Lorenzo)

 


Programa de formación técnica agropecuaria sostible con enfoque de dereitos humanos e igualdade de xénero para o desenvolvemento socioeconómico das mulleres e mozos das comunidades do val de San Lorenzo, na rexión de Piura – Perú. (Forma-T San Lorenzo)


No marco da convocatoria DP0025 e DP0026 do ano 2023, a Deputación da Coruña financiou á Fundación Galicia Innova a construción e dotación do Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica – en adiante CEFOIT, como centro de referencia na rexión para o desenvolvemento das capacidades técnicas de produtoras e produtores, xoves e adultos do val de San Lorenzo para a xestión sostible dos bosques secos, emprendementos pecuarios e mellora dos sistemas de produción agrícola, así como a súa posta en funcionamento e a súa formalización como CETPRO (Centro de Educación Técnica Produtiva) como figura legal para este tipo de centros de educación. No marco da mesma convocatoria de propostas (DP0025) de proxectos de actividades, no ano 2024 as accións a desenvolver pasan pola creación dun Programa de formación Técnica Agropecuaria, na liña dos requirimentos do Ministerio de Educación, e a súa implementación mediante a capacitación a mulleres e mozos das comunidades. 

As accións enfocadas á consecución dos resultado 1 a 3 do proxecto estiveron dirixidas o deseño e desenvolvemento dos módulos formativos do programa de formación tecnolóxica a desenvolver no CEFOIT en relación a: 1) Módulo de formación en técnicas agrícolas (manexo integrado de árbores froiteiras). 2) Módulo de formación en técnicas agrícolas (post-colleita e control de calidade). 3) Módulo de formación en técnicas pecuarias (crianza de animais menores).

O obxecto do presente proxecto é o de contribuír a un desenvolvemento rural inclusivo, solidario e sostible que mellore as condicións de vida das comunidades do Val de San Lorenzo, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres, me-diante o fortalecemento das comunidades de bosque e o fomento de emprendementos de alto valor agregado a través da creación e posta en marcha dun Programa de formación técnica agropecuaria sostible con enfoque de dereitos humanos e igualdade de xénero no centro de referencia na rexión para a capacitación das comunidades en innovación tecnolóxica produtiva agropecuaria e forestal (CEFOIT) desenvolto no marco dos proxectos de cooperación financiados pola Deputación da Coruña no ano 2023.

A través da execución do presente fortaleceronse un total de 12 comunidades de bosque situadas non val de San Lorenzo, composto polos distritos de Tambogrande e As Lomas para facer fronte á crise socioeconómica que atravesa tanto a rexión como o país e que se viu agravada pola pandemia xerada polo virus SARS CoV-2 no mundo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario