martes, 11 de marzo de 2025

Ampliación do Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica – CEFOIT, para a mellora da calidade educativa, a ampliación da oferta formativa e o acceso inclusivo de mulleres rurais da rexión do val de San Lorenzo

 


O obxecto do presente proxecto é o de apoiar a ampliación do Centro de Formación e Innovación Tecnolóxica –CEFOIT, que ten como finalidade o desenvolvemento das capacidades técnicas de produtoras e produtores, mozos e adultos do Val de San Lorenzo para a xestión sostible dos bosques secos, emprendementos pecuarios e mellora dos sistemas de produción agrícola mediante o desenvolvemento de investimentos relacionados coa construción e posta en marcha dunha aula formativa para 30 persoas, un espazo de módulo de post-colleita e control de calidade cunha dobre funcionalidade, espazo de capacitación e módulo de agroexplotación, mellorando deste modo a calidade educativa, e un aseo externo, ampliando a oferta formativa e garantindo unha maior cantidade de prazas de capacitación no centro de referencia na rexión para a capacitación das comunidades en innovación tecnolóxica produtiva agropecuaria e forestal. 

O fin último do proxecto pasa por contribuír a un desenvolvemento rural inclusivo, solidario e sostible que mellore as condicións de vida das comunidades do Val de San Lorenzo, con especial atención á situación de vulnerabilidade das mulleres, mediante o fortalecemento das comunidades de bosque e as organizacións locais de desenvolvemento e o fomento de emprendementos de alto valor agregado. 

A través da execución do presente proxecto fortaleceronse un total de 14 comunidades de bosque situadas non val de San Lorenzo, composto polos distritos de Tambogrande e As Lomas para facer fronte á crise socioeconómica que atravesa tanto a rexión como o país e que se viu agravada pola pandemia xerada polo virus SARS CoV-2 no mundo e pola recente epidemia de dengue no país e na rexión máis especificamente.

O CEFOIT, foi concibido como un Centro de capacitación gratuíto para a formación de produtores e produtoras con certificación técnica que permita o melloramento das actividades agrícolas, gandeiras e de transformación forestal. O Val de San Lorenzo require de capacidades técnicas porque e un dos maiores produtores de mango, limón, palta, cacao, banano e hortalizas; tamén, e un val con crianza de porcinos, vacúns, caprinos, ovinos, cuies e aves a nivel rexional. Para o seu sostemento o CEFOIT complementa as súas actividades formativas gratuítas con servicios a terceiros como ofertante de servizos de capacitación e asesoría técnica con innovación tecnolóxica para empresas e cooperativas agrarias e xestionará convenios con entidades da administración pública.

O proxecto, desenvolto no ano 2024, foi financiado pola Diputación de A Coruña.





No hay comentarios:

Publicar un comentario