Durante o ano 2022, a Fundación Galicia Innova desenvolveu o Programa de apoio á reactivación economica familiar e de saúde comunitaria en Comunidades de bosque afectadas pola pandemia e a crisis alimentaria e económica derivada, no val de San Lorenzo, na rexión de Piura coa financiación da Diputación da Coruña e a cofinanciación de Fundación Galicia Innova, Asociación Chira e Solivida.
O obxecto do proxecto é o de fortalecer 8 comunidades de bosque do Val de San Lorenzo (distritos de Tambogrande e As Lomas), co fin de mellorar a situación socioeconómica, de saúde e de xestión produtiva das devanditas comunidades para afrontar a emerxencia sanitaria e futuras crises sanitarias e pandemias, mediante 1) garantindo o exercicio dos dereitos sociais básicos á saúde e a alimentación e 2) mitigando o impacto socioeconómico, reactivando a economía familiar e mellorando a produción e comercialización de produtos agroecológicos, con impacto favorable na sustentabilidade ambiental e prevención de desastres, co obxecto de atender a crise alimentaria existente, con especial incidencia nas mulleres.
A través da execución do presente proxecto fortalecéronse un total de 8 comunidades de bosque situadas no val de San Lorenzo, composto polos distritos de Tambogrande e Las Lomas. As Comunidades seleccionadas foron Cerro de Leones, Carrizalillo e Miraflores Alto (no distrito de Tambogrande) e Viviano Espinoza, Santa Elena, Nueva Esperanza, Huachuma baixa e Huachuma alta (No distrito das Lomas).
As accións enfocadas á consecución do resultado 1 do proxecto foron dirixidas á implementación das accións definidas nos Plans de Saúde Comunitaria para cada unha das comunidades anteriormente mencionadas, en coordinación cos Servizos de saúde pública de referencia, que ¡non son de todo accesibles ás persoas que habitan estas comunidades debido a diferentes dificultades (distancia dos centros de saúde e centros de distribución de medicamentos, infraestrutura de acceso ás comunidades deteriorada, descoordinación entre os servizos de saúde e as comunidades, falta de persoal para atención ás comunidades, entre outros), mediante o desenvolvemento de accións de sensibilización e capacitación e a dotación dos medios necesarios que fortalezan ás propias comunidades no referente á saúde dos seus habitantes (entrega de botiquíns médicos para o seu uso por parte dos promotores de saúde conformados no marco do Proxecto REACTIVA- T San Lorenzo).
No marco do resultado 2, o proxecto brindou apoio
técnico especializado e recursos aos actores locais máis vulnerables (mulleres)
das 8 comunidades, co fin de mitigar o impacto socioeconómico provocado
polo coronavirus, reactivando a economía familiar e mellorando a produción e
comercialización. Para iso desenvolvéronse novos emprendementos como a instalación de biohuertos de hortalizas liderados por mulleres,
para o que se capacitou ás mulleres con relación á produción e
comercialización de hortalizas, redundando estas actividades non só na mellora
socioeconómica das comunidades senón na saúde dos seus poboadores, contribuíndo
a minimizar a crise alimentaria e as altas taxas de desnutrición dos
beneficiarios. O presente proxecto complementa as accións a desenvolver pola Fundación Galicia Innova coa asociación Chira, no
marco do proxecto solicitado a Coperación Galega para os anos 2022 e 2023:
“Programa de reactivación económica familiar, social, de salud comunitaria y
organizativa de productos orgánicos y aseguramiento alimentario en Comunidades
de bosque afectadas por la pandemia y la crisis alimentaria y económica
derivada, en el valle de San Lorenzo, en la región de Piura – Perú- REACTIVA-T”
cuxos obxectivos están enfocados a fortalecer as comunidades de bosque do Valle
de San Lorenzo (Distrito de Tambogrande e Las Lomas), co fin de mellorar a
situación organizativa, de saude, socioeconómica e de xestión produtiva.
Os Obxectivos do proxecto son os seguintes:
Obxectivo xeral: Mellorar a situación de desenvolvemento económico, social e de saúde das Comunidades de bosque afectadas pola pandemia e a crisis alimentaria e económica derivada, no val de San Lorenzo; Piura (Perú).
Obxectivo específico: Fortalecidas as capacidades de saúde comunitaria e de xestión produtiva de 8 comunidades de bosque do val de San Lorenzo na rexión de Piura (Perú), co liderado das mulleres, garantindo a promoción do exercicio dos dereitos sociais básicos á saúde e a alimentación e mitigando o impacto socioeconómico, mediante a reactivación da economía familiar, mellorando a produción e comercialización, co obxecto de afrontar a emerxencia sanitaria e atender a crise alimentaria derivada, con especial incidencia nas mulleres, mediante a promoción de iniciativas sostibles e innovadoras para a xeración de ingresos económicos e aseguramento alimentario; no marco de políticas públicas locais de desenvolvemento económico e ambientais.
Os resultados acadados polo proxecto pasan por fortalecer e empoderar as comunidades do val de San Lorenzo na rexión de Piura (Perú), en Saúde Comunitaria, mediante a sensibiliazción e capacitación da súa poboación e a dotación de recursos que reforcen á saúde dos seus habitantes (R1) e mitigaro impacto socioeconómico nas poboacións máis vulnerables (mulleres) das comunidades, mediante o desenvolvemento e fortalecemento de iniciativas para atender a crisis alimentaria e a reactivación económica familiar (R2).
No hay comentarios:
Publicar un comentario