jueves, 7 de enero de 2010

Fundación Galicia Innova evalúa los indicadores de calidad de los servicios municipales de la provincia de A Coruña


A Deputación da Coruña encomendoulle á Fundación Galicia Innova a realización dun traballo de investigación para avaliar os indicadores de calidade dos servizos municipais nos concellos da provincia.

Para iso formalizou un convenio de colaboración, cuxo texto foi ratificado polo presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, e o director xeral da Fundación Galicia Innova, Manuel Galán Vázquez.

O “Sistema de indicadores de calidade dos servizos municipais e de vida en xeral nos concellos da provincia da Coruña” é o epígrafe do estudo que realizará a FGI, que recibirá unha axuda de 180.000 euros para a execución do traballo de investigación.
Os técnicos de Galicia Innova estudarán, a través de análises cualitativas e de investigación, os indicadores económicos, de benestar, de cohesión social, e da calidade dos servizos municipais dos distintos concellos da provincia. Contarán co apoio de especialistas das universidades da Coruña e Santiago.

O estudo permitiralle á Deputación da Coruña dispor dun diagnóstico sobre a situación dos servizos municipais para definir así os investimentos provinciais dirixidos aos concellos da provincia, complementando tamén os datos contidos na enquisa “de infraestruturas” da que dispón esta institución.

Fuente: Deputación da Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario